CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

25/03/2024
Consello Extraordinario Federal de Galicia

CCOO Industria Galicia reuniu no día de hoxe con carácter Extraordinario ó Consello Federal de Galicia, o seu maior órgano de dirección nos locais da Unión Comarcal da Coruña para tratar a Situación de CCOO de Industria de Galicia e reorganizarse para afrontar o futuro con máis forza e ser a mellor defensa para a clase obreira galega.

25/03/2024
NdP Planta ALTRI
  • Ferrol, 25 de marzo de 2024

Nos últimos días determinadas asociacións decidiron arremeter contra o proxecto de planta de produción de fibras téxtiles de Palas de Rei. Insultos, empuxóns, bloqueos aos intentos de informar a técnicos de prestixio, descualificacións, esaxeracións. Non parece que ese sexa o mellor camiño para o debate, un debate que debe ter como obxectivo o desenvolvemento da calidade de vida dos galegos, a defensa do seu futuro, a creación de posibilidades de emprego.

23/02/2024
10M Ferrol 2024
  • Ferrol, a 20 de febreiro 2024

Como todos e todas sabedes o próximo 10 de Marzo celébrase o “DÍA DÁ CLASE OBREIRA GALEGA”. A pesar de que este día é domingo, desde a CCOO Industria-Galicia queremos convidarvos a participar na manifestación que sairá de Navantia ata o monumento do 10 de Marzo ás 12,30 da mañá. Informarvos, tamén que, previamente, ás 11,00 h terá lugar a ofrenda floral institucional por parte do Concello de Ferrol.

07/11/2023
Folga do Metal de Lugo no seu cuarto día de folga.

O traballador enfróntase a unha multa de 300 euros e unha indemnización de 180 ao ser acusado dun delito leve de danos durante os piquetes de O Ceao durante a Folga do Metal.

27/06/2023
  • J.C. López Corbacho sae elixido por unanimidade no Congreso Extraordinario celebrado o pasado venres 23 de xuño

CCOO Industria Galicia anuncia en rolda de prensa que Juan Carlos López Corbacho toma o relevo de Víctor Ledo como novo Secretario Xeral de CCOO Industria Galicia

08/06/2023
  • CCOO de Industria – Galicia busca persoal para cubrir unha praza de Orientador/a Laboral no marco do proxecto FEAG no sector do aluminio na comunidade autónoma de Galicia.

Este é un proxecto impulsado pola Xunta de Galicia, en colaboración coa Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (FSE) e co apoio dos interlocutores sociais mais representativos do sector do aluminio e o cofinanciamento do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización (FEAG), cuxo obxectivo é a reinserción laboral das persoas desempregadas.

01/06/2023
Folga do Metal de Lugo no seu cuarto día de folga.
  • CCOO, CIG e UGT convocan mañá ás 7:30 asemblea para valorar a proposta.

O preacordo consegue ademáis de manter o poder adquisitivo unha prima de convenio no 2022 e a cláusula de revisión salarial con atrasos.

23/05/2023
  • O apoio dos traballadores e traballadores do metal de Lugo vai en aumento.

Lugo volveu a encher os polígonos de traballadoras e traballadores do metal para berrar por un convenio xusto para a provincia. 

10/05/2023
  • CCOO Industria califica de fito histórico a multitudinaria manifestación que xuntou a milleiros de traballadoras e traballadores do metal de Lugo no primeiro día de folga.

O secretario xeral de CC.OO. de industria en Lugo, José Luis López, califica a 1ª xornada de folga como un "apoio espectacular" e "masivo" de tódolos traballadores do metal na provincia de Lugo.

27/04/2023
Folga Metal Lugo
  • O sector do metal, despois de unha manifestación masiva que xuntou a máis de un millar de traballadores e traballadoras do sector da provincia de lugo, irá a 3 días de folga para reclamar un convenio xusto para o metal de Lugo.

Os Sindicatos CCOO, UGT e CIG, convocan á clase traballadora do sector siderometalúrxico e do comercio metal a 3 días de folga para darlle solución ó convenio.

18/11/2022
  • Xornadas de movilizacións a partir de decembro

Durante a asemblea de delegadas e delegados das Estacións de Servicio mantida en Santiago, levaranse as reivindicacións á plataforma de negociación do convenio para reinvindicar un salario digno.

08/11/2022
Comisión negociadora del Convenio de Elaborados del Mar
  • Desde CCOO valoramos positivamente os contidos do preacordo especialmente no que respecta a os incrementos salariais, máis aínda nun sector feminizado onde os salarios son baixos.

Este luns 7 de novembro a Comisión negociadora do Convenio Colectivo de Elaborados do Mar chegou a un preacordo tras máis de dez meses de negociacións. Este convenio terá unha vixencia de tres anos (2022-2024) e inclúe un incremento salarial dun 8% para 2022 con atrasos desde o 01 de xaneiro. Un 5% para 2023 e un 4% para 2024. En total unha subida en tres anos dun 17%. Ademais de incluír unha Cláusula ao IPC real ao final da vixencia no caso de que a inflación supere os incrementos pactados actualizando un 75% da diferenza o 01 de xaneiro de 2025.

01/10/2022
  • Xornada sobre as Condicións Laborais nos Sectores de Conservas de Peixe e de Elaborados de Productos do Mar

A xornada de debate con traballadoras e delegadas destes sectores, realizouse este sábado 1 de outubro no Museo do Mar de Galicia, en Vigo. Contou coa participación de Yolanda Díaz, Vicepresidenta segunda e Ministra de Emprego, Joaquín Pérez, Secretario de Estado de Emprego, Mª Carmen Villaverde, Sec. Xeral CCOO Industria Pontevedra e Mª Pilar Campaña, integrante da mesa negociadora do convenio de conservas de peixe.

26/11/2021
Mujeres trabajando en la planta de una conservera en Rianxo (A Coruña)
ANXO IGLESIAS

CCOO de Industria, témolo claro. Esta Patronal como a maioría, só reacciona cando se lle aperta. Por iso, levamos propoñendo dende fai tempo ó resto de sindicatos na mesa a necesidade de poñer en marcha de forma conxunta un calendario de mobilizacións e paros. Sen embargo, ata a data non foi posible.