CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

ÉXITO SIN PALIATIVOS NA FOLGA FEMINISTA DO 8 DE MARZO DE 2018

08-03-2018

A data do 8 de marzo de 2018, marcará, sen dúbida un punto de inflexión na loita pola igualdade real de homes e mulleres, na loita da igualdade de oportunidades, na loita contra a brecha salarial, na loita contra as violencias machistas.

Neste 8 de marzo de 2018, centos de milleiros de traballadoras galegas secundaron a folga de dúas horas por turno que estaba convocada para amosar a necesidade , dunha vez por todas, de rematar coa desigualdade, coa violencia que o sistema patriarcal exerce contra as traballadoras.

Centos de milleiros manifestáronse en todas as cidades e vilas galegas, esixindo o fin dunha situación inxusta de desigualdade cara a muller.

Dende CCOO de Industria de Galicia, queremos felicitar a todas as traballadoras polo éxito desta xornada e dicirlles que estaremos sempre nesta loita pola igualdade real, pola igualdade de oportunidades…ata que se faga realidade.

8 de marzo de 2018

8 de marzo de 2018