CCOO de Industria | 24 abril 2024.

Combocatoria de paros en Frigolouro polo non abono da extra de Xullo en Porriño

    Maña martes dia 19 de Xullo darán comezo os paros de 1 hora, en horario de 13:50 a 14:50 na quenda de maña e de 14:50 a 15:50 no quenda de tarde. Os paros convocados polo Comité de Empresa en asemblea celebrada cos traballadores o pasado dia 5 de xullo teñen como motivo o Impago da Extra de Xulio por parte da empresa e a negativa por trasladar os traballadores unha data para o seu cobro.

    18/07/2016. Vigo

    Os paros estenderanse aos días 22 e 29 de Xullo e os días 5,12,19 e 26 de Agosto no mesmo horario que coincide ca entrada e a saída da quenda de maña e tarde respectivamente.

    Na xornada de maña martes coincidindo co paro celebrarse unha asemblea cos mais de 350 traballadores convocados que reclaman o cobro da súa extra de verán, como de feito lles consta percibiron todos os traballadores das distintas empresas do grupo Coren a inicios de mes.

    Dende CCOO industria esíxese a empresa que normalice canto antes a situación de pago aos seus traballadores, considera intolerable que non se estea dando unha resposta a demanda do Comité de Empresa e agarda que a actitude da dirección da empresa mude nas próximas horas.