CCOO de Industria | 20 abril 2024.

A decisión da SEPI de recortar as retribucións, declarada nula por sentenza xudicial

CCOO de Industria, moi satisfeita pola Sentenza da Audiencia Nacional sobre os IPC's das prexubilacións de IZAR

      Como en tantas outras ocasións, a Aundiencia Nacional dálle a razón aos prexubilados no conflito colectivo de IZAR. Non é admisible que se recorten as garantías en 2014, aínda que o IPC do ano fose negativo.

    26/07/2016.
    Os prexubilados en demanda dos seus dereitos. Ferrol.

    Os prexubilados en demanda dos seus dereitos. Ferrol.

      Unha vez máis, a maxistratura tumba un criterio sostido pola SEPI e máis pola avogacía do Estado. Unha vez máis, os argumentos restritivos do Ministerio de Facenda quedan en entredito. Unha vez máis, os sindicatos asinantes dos acordos tiñamos razón.

     

      Cantos xuízos teñen que perder para dárense de conta de que fan un auténtico ridículo? Os traballadores e traballadoras do naval non merecen unha dirección política tan insolvente.