CCOO de Industria | 20 abril 2024.

ELNOSA NON SE PECHA!!

  • CCOO de Industria secunda as mobilizacións dos traballadores e traballadoras en defensa dos seus postos de traballo

Esta mesma mañá, os traballadores e traballadoras de ELNOSA, xunto cos delegados e delegadas de CCOO na Deputación de Pontevedra, manisfestáronse en defensa dos seus postos de traballo, esixindo unha pronta resposta desde o ámbito político que dea solución a un conflito cada vez máis enquistado.

16/09/2016. Galicia
Os traballadores e traballadoras de ELNOSA, diante da sé da Deputación de Pontevedra.

Os traballadores e traballadoras de ELNOSA, diante da sé da Deputación de Pontevedra.

Unha vez máis atopámonos coa imposibilidade de entrar no pleno da Deputación para poder trasladar as nosas propostas e o malestar coa situación de bloqueo que as administracións públicas están a provocar. Lonxe de acadar o noso lexítimo obxectivo, lamentamos que o BNG artellase unha estratexia mesquiña consistente en abarrotar o salón de plenos cos seus cómplices e esbirros dúas horas antes para nos impedir a entrada. Lamentarano.