CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

Víctor Ledo, reelixido Secretario Xeral de CCOO Industria de Galicia

    CCOO de Industria - Galicia celebrou o seu II Congreso no día de onte, en Ourense. Os delegados e delegadas decidimos apostar por continuar cun proxecto sindical que está aínda en situación de medrar, pois as novas CCOO de Industria (resultado dunha fusión de tres Federacións anteriores) teñen aínda todo o camiño por andar. O Secretario Xeral levaba unha andaina de dous anos, pois foi elixido a metade de mandato, e agora ten a oportunidade de desenvolver o seu proxecto con autonomía durante catro anos completos. Co apoio da práctica unanimidade dos seus compañeiros e compañeiras.

    31/03/2017. CCOO Industria de Galicia
    Víctor Ledo clausurando o II Congreso acompañado da súa Executiva

    Víctor Ledo clausurando o II Congreso acompañado da súa Executiva

    A nova Comisión Executiva, ademáis do propio Víctor Ledo, está formada polos compañeiros José Hurtado, Leila Piñeiro, Pedro Comesaña, Mercedes Carrera, Francisco Méndez, Inmaculada Santamarta, Francisco Vilar e Cristóbal Álvarez.

    Asumen todos e todas o compromiso de traballar máis e estar máis próximos aínda aos problemas que lles xorden de xeito cotiá aos compañeiros e compañeiras nos centros de traballo.

    Nesta xornada pasada tivemos a fortuna de contar coa presencia do Secretario Xeral Confederal, Ignacio Fernández Toxo.