CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

CCOO analiza a situacion do sector naval: Ou estabilizamos urxentemente a recuperación ou o sector afundiráse

    CCOO mantivo unha xuntanza coas direccións das súas Seccións Sindicais nos Asteleiros da ría de Vigo para analizar a situación actual e definir liñas de traballo sectoriais. Nesta xuntanza tamén participaron o SX da Federación de Industria de Galicia Vítor Ledo, e o SX do Sindicato Nacional de Galicia Ramón Sarmiento.

    17/02/2018. CCOO de Industria de Galicia
    Análise naval Vigo

    Análise naval Vigo

    Vigo, a 17 de febreiro de 2018

    ANÁLISE SITUACIÓN SECTOR

    Enfrontámonos de novo os vellos problemas do sector, pero nun tempo radicalmente distinto: Neste momento non hai a escusa do inimigo exterior, os planteis dos Asteleiros están en mínimos históricos e seguen a baixar, existe unha presión sobre a Industria Auxiliar para abaratar os seus traballos. non hai diálogo sectorial, e todo isto namentres a Administración está a dar “paus de cego”.

    A estratexia errónea que se leva desenrolado dende fai anos, de ter Asteleiros de sínteses, con plantes mínimos, provocou que os traballadores e traballadoras están na industria auxiliar. Destacar que as auxiliares cada vez están mais atomizadas con mais de cen empresas, a súa maioría con planteis de menos de 10 traballadores. Coma dato claro, no ano 2009 tiñamos 8.000 traballadores/as no sector auxiliar e a media era de 22 traballadores/as por empresa, hoxe en día con 1.800 traballadores a media é de 8,5 traballadores/as.

    Dende CCOO entendemos que falta coraxe e vontade tanto política coma empresarial por artellar solucións os problemas actuais do sector. Se “alguén” ten unha axenda oculta para reducir as capacidades produtivas pretendendo a redución de Asteleiros en Vigo non o imos consentir, e advertimos que sería un grave error imperdoable.

    APOIO UNÁNIME OS COMPAÑEIROS DE VULCANO Toda a organización esta volcada cos compañeiros de CCOO e os traballadores e traballadoras de Vulcano, a súa loita é a nosa, é por iso non se poden baixar os brazos e TODOS os sindicatos, Empresa e Xunta, deberíamos remar sen dubidar, na mesma dirección.

    CONTINUARAN AS DENUNCIAS PARA DEFENDER O CCOONVENIO Dende CCOO seguimos na campaña da defensa do convenio, para elo estamos a preparar unha nova batería de denuncias as empresas incumprido-ras, ademais de facer un chamamento os Asteleiros de que son eles quenes teñen que velar para que todas a empresas que traballen nas súas instalación cumpran coa a lei, de feito son responsables subsidiarios e polo tanto os primeiros interesados en que as auxiliares cumpran coa lei.

    CREDENCIAL DO NAVAL Esta credencial naceu nos acordos do 2010, e o seu principal motivo foi evitar a alta acidentabilidade no sector. No caso de que teñamos un accidente moi grave ou un falecemento dun traballador nun Asteleiro sen ter a Credencial, dende CCOO presentarémonos coma acusación particular contra o Asteleiro por ser cómplice desta permisividade.