CCOO de Industria | 25 abril 2024.

CCOO, marcando as directrices a seguir contra as falsas cooperativas cárnicas

    CCOO Industria continúa cá batalla contra a precariedade e a explotación que exercen a falsa cooperativa Servicarne e Frigolouro, que seguen incumplindo as resolucións xudiciais e da Inspección de Traballo.

    20/06/2018. CCOO de Industria de Galicia
    FRIGOLOURO-SERVICARNE

    FRIGOLOURO-SERVICARNE

    A Federación de Industria de CCOO, informa os traballadores e traballadoras de Frigolouro ( falsos autónomos) da situación actual do conflito aberto contra Servicarne.

    En dita asemblea, na que se contou tamén coa presenza do responsable a nivel estatal de alimentación Vicente Canet, desgranouse polo miúdo a situación real na que se encontra o conflito para regular o sector cárnico a nivel do estado. No mesmo sentido procedeuse a informar dos pasos a seguir a consecuencia das baixas do réxime xeral da seguridade social que se están a dar de maneira irregular por parte da empresa principal Frigolouro, a cal esta desobedecendo o ditame TSXG.

    CCOO tamén pon a disposición os servizos xurídicos para que todos os traballadores e traballadoras afectadas por a figura de falso autónomo, poidan estar asesorados e tutelados a hora de facer todas aquelas reclamacións as que teñan dereito individualmente.