CCOO de Industria | 20 abril 2024.

XORNADAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO ORGANIZADAS POR CCOO NA CORUÑA

    13/10/2018.
    VIOLENCIA XÉNERO 10-2018

    VIOLENCIA XÉNERO 10-2018

    O pasado 5 de outubro, celebráronse na Coruña unhas xornadas sobre violencia de xénero, organizadas pola secretaría de Igualdade da Federación de Industria de CCOO de Galicia, as que asistiron multitude de delegadas e delegados de CCOO Industria.

    Nas xornadas podemos contar como poñente a unha figura de recoñecido prestixio no eido da loita pola igualdade de xénero como é María Xosé Porteiro, que leva décadas loitando e traballando a prol da igualdade e contra a violencia estrutural que o sistema social no que vivimos exerce contra a muller.

    Xunto a María Xosé, as nosas delegadas e delegados, membros da executiva nacional da federación de Industria, da executiva nacional confederal, fixemos una análise fonda da lacra da violencia de xénero, e afondamos chegando a realidade de que o motivante prioritario da violencia contra a muller e a situación de desigualdade xeral. Enfocamos sobre todo na situación no ámbito laboral, e na necesidade de que a acción sindical estea atenta para loitar contra estas situacións.