CCOO de Industria | 29 marzo 2024.

PROXECTO GALITEX coa colaboración de CCOO INDUSTRIA

    Certificado de Profesionalidade de Actividades Auxiliares de Comercio (COMT 0211) enmarcado no Proxecto Galitex e impartido nas instalación do centro de formación GDoce.

    02/06/2019.
    galitex industria

    galitex industria

    CCOO somos unha das entidades que participamos na execución do proxecto Galitex xunto coa Xunta de Galicia, UGT e Cointega máis a Comisión Europea a través del Fondo de Adaptación a la Globalización (FEAG).

    Galitex está dirixido as persoas que perderon o seu emprego como consecuencia da globalización e a profunda crise do sector textil nas Comarcas de Ordes e A Coruña co peche das empresas Caramelo, Viriato e Grupo Deus. O Proxecto Galitex consta de distintas iniciativas unha delas a formación coma eixo e ferramenta de recualificación e reinserción laboral.

    Dende o inicio do proxecto, CCOO está centrada na orientación laboral e no apoio á recolocación dos usuarios/as do proxecto, elaborando os itinerarios personalizados de reinserción de cada persoa. Neste sentido a Xunta de Galicia ven de poñer en marcha o Certificado de Profesionalidade de Actividades Auxiliares de Comercio (COMT 0211) de 270 horas de duración nas instalaciones de GDoce en Santiago de Compostela para dotar as personas usuarias de Galitex da formación adaptada o mercado laboral.