PROXECTO GALITEX

    Certificado de Profesionalidade SSCM0108 Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais e os cursos de Panadería e Repostaría enmarcados no Proxecto Galitex e impartidos nas instalacións cedidas polo Concello de Ordes no Mesón do Vento e na Praza do Mercado de Ordes.

    13/06/2019.
    GALITEX

    GALITEX

    CCOO somos unha das entidades que participamos na execución do proxecto Galitex xunto coa Xunta de Galicia, UGT e Cointega máis a Comisión Europea a través del "Fondo de Adaptación a la Globalización" (FEAG).

    Galitex está dirixido as persoas que perderon o seu emprego como consecuencia da globalización e a profunda crise do sector textil nas Comarcas de Ordes e A Coruña co peche das empresas Caramelo, Viriato e Grupo Deus.

    O Proxecto Galitex consta de distintas iniciativas unha delas a formación coma eixo e ferramenta de recualificación e reinserción laboral.

    Dende o inicio deste proceso, CCOO está centrada na orientación laboral e no apoio á recolocación dos usuarios/as do proxecto, elaborando os itinerarios personalizados de reinserción de cada persoa.

    Neste sentido a Xunta de Galicia ven de poñer en marcha o Certificado de Profesionalidad SSCM0108 Limpeza de Superficies e Mobiliario en Edificios e Locais e os cursos de Panadería e Repostaría impartidos por Recursos Galicia nas instalacións cedidas polo Concello de Ordes no Mesón do Vento e na Praza do Mercado de Ordes. para dotar ás personas usuarias de Galitex de formación adaptada o mercado laboral.

    Esta web utiliza cookies propias y de terceros para optimizar su navegación. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su aceptación y nuestra politica de cookies, haga click aqui para más información y ver cómo desactivarlas.