CCOO de Industria | 29 abril 2024.

CCOO GAÑA POR MAIORÍA ABSOLUTA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN JEALSA RIANXEIRA

  • Ferrol, 12 de decembro de 2023

O persoal de JEALSA RIANXEIRA (Boiro) apoiou contundentemente á candidatura presentada por Comisións Obreiras de Industria nas eleccións sindicais celebradas no día de onte na empresa. Dos 21 representantes que se tiñan que elixir, CCOO obtivo 14 representantes, a candidatura da CUT 5 representantes e da UGT 2 representantes. 

12/12/2023.
EESS Jealsa

EESS Jealsa

No proceso electoral celebrado no día de onte nas instalacións da empresa Jealsa Rianxeira as persoas traballadoras volveron a depositar a súa confianza en CCOO que gañou as eleccións por unha amplísima maioría absoluta. A representación de CCOO obtivo 14 representantes dos 21 que se tiñan que elixir. 

Con este resultado o persoal de Jealsa premia o gran traballo desenrolado pola sección sindical de CCOO nos últimos catro anos, ao mesmo tempo que nos empraza a liderar a defensa e mellora dos seus dereitos nesta nova lexislatura. 

Esta vitoria de CCOO ten máis mérito, si cabe, por ampliar o apoio que xa tiña, pois nesta ocasión presentábase un sindicato máis ao proceso electoral. Na anteriores eleccións CCOO había obtido 14 representantes e a UGT 7 representantes ao Comité de Empresa. 

Nestas novas eleccións sindicais CCOO sacou 14 representantes, 13 deles no colexio de especialistas con 380 votos e 1 representante máis no colexio de técnicos con 28 votos; A candidaturadaUGTobtivo2representantes, 1nocolexiodeespecialistascon46votose 1 máis no colexio de técnicos con 24 votos; A candidatura da CUT obtivo 5 representantes, 3 no colexio de especialistas con 76 votos e 2 máis no colexio de técnicos con 36 votos. 

Desde CCOO de Industria de Galicia queremos agradecer a todas as persoas traballadoras de Jealsa Rianxeira o apoio e confianza que depositan na Sección Sindical de CCOO, confianza que recollemos con responsabilidade que a devolveremos con traballo, honestidade e bos resultados. 

Documentación asociada
Documentación asociada