CCOO de Industria | 29 abril 2024.

As persoas traballadoras de ATUNLO deciden por ampla maioría firmar o preacordo do ERE.

    O pasado martes 16 de xaneiro pechouse a negociación do ERE de ATUNLO O GROVE logo de que as persoas traballadoras decidisen por contundente maioría que o preacordo alcanzado o día antes tiña que firmarse.

    19/01/2024.
    ATUNLO ERE O Grove

    ATUNLO ERE O Grove

    80 votos a favor da firma;   4   votos en contra da firma;   2   Abstencións

    Recordamos que a primeira medida anunciada da empresa era despedir a 136 persoas traballadoras cando presentou o ERE. Tras as negociacións conseguimos que se mantivesen 17 postos de traballo indefinido máis, 9 na factoría de O Grove e 8 na de Cambados. Tamén que a empresa recoñecese de facto a antigüidade en todas as empresas ETT anteriores cun solape entre contratos de igual ou inferior a seis meses, máis un mes a cada persoa traballadora co fin de incrementar algo a contía da indemnización. Co persoal afectado polo ERE confeccionar unha bolsa de emprego para cubrir postos de traballo a futuro en calquera empresa do Grupo ATUNLO.

    CCOO dende o primeiro día e a primeira asemblea de este conflito, informou con total transparencia da situación da empresa e comprometémonos a asumir con responsabilidade calquera decisión do persoal laboral de ATUNLO ao final do período de consultas do ERE e así o fixemos. 

    Para CCOO ningún acordo é bo se supón un só despedimento, por moi bo acordo económico ao que se chegue, para canto máis o deste expediente con un impacto de 116 despedimentos e indemnizacións con pouca mellora sobre os mínimos legais. Menos nos gusta ver a difícil situación das traballadoras e traballadores preocupados por si chegarían a cobrar os seus salarios ou indemnizacións cando saben e son conscientes da difícil situación financieina da empresa, esixíndonos dende o primeiro día que a tramitación fose rápida para non arriscar a ter que acudir ao Fogasa.

    Resúltanos incomprensible e dunha falta de respecto gravísima ás persoas traballadoras de ATUNLO O GROVE a actitude e conduta da CIG que se negou a asumir a decisión contundente do persoal laboral na asemblea, poñendo en risco as necesidades mostradas polo persoal, pois a empresa esixía unanimidade na aprobación do acordo e menos mal que a empresa ao final asumiu como suficiente a maioría que tiña CCOO. Peor aínda foi a provocación constante que realizaron ás persoas traballadoras, tratando incluso de provocalas chamando á Garda Civil para ser escoltadas ao saír da empresa. Saída que realizaron con cortes de manga e risotadas para provocar altercados aos que as traballadoras e traballadores con bo criterio non responderon.

    Documentación asociada
    Documentación asociada