CCOO de Industria | 29 abril 2024.

CCOO Industria de Galicia, pedimos o impulso da planta de fibras téxtiles de Altri en Palas de Rei

    Fai algo más de dous anos, comezouse a falar dun ambicioso proxecto para a produción de fibras téxtiles a partir de celulosa en Palas de Rei, o centro da zona máis deprimida económica e poboacionalmente de Galicia. 

    23/01/2024.
    Altri

    Altri

    CCOO Industria de Galicia temos estudiado o proxecto, a tecnoloxía que se pretende utilizar, o produto que se vai fabricar (Lyocell) o emprego que espera xenerar e o impacto sobre a cadea de valor do sector téxtil que pode supoñer. 

    O balance que sacamos do proxecto, é moi positivo, polos seguintes motivos: 

    - O proceso de construción e posta en marcha xerará unha actividade económica, nunca vista na comarca receptora do investimento. Esta comarca (a Ulloa) perdeu máis dun 20% da súa poboación nos últimos 20 años, con máis dun 40% de poboación maior de 60 anos e unha renda media un 10% menor á galega. É hora de facer algo que reverta esta situación. 

    - Unha vez en marcha, o proxecto industrial, xerará más de 500 empregos directos na comarca e 2000 indirectos. Estes empregos revolucionarán a actividade económica da comarca, e das comarcas adxacentes, revivindo un territorio que neste momento pouco a pouco vai morrendo. 

    - Este proxecto, supón a entrada dun novo comprador no mercado da madeira de eucalipto, mellorando substancialmente as rendas percibidas por máis de 100.000 produtores do rural de Galicia, que verán os precios que se lles paga pola súa madeira incrementarse, implicando un reparto de rendas e desenvolvemento no rural de toda Galicia. 

    - Ubicar unha planta de produción de tecido téxtil en Galicia, supón un potente efecto tractor sobre o sector téxtil, o feito de ter perto o produtor de fibra téxtil facilitará o nacemento de talleres de fabricación que utilicen ese Lyocell para fabricar os seus produtos. 

    - A produción de Lyocell en esta fábrica é ecolóxica (as tecnoloxías utilizadas, con un elevado compoñente innovador o permiten), con impacto climático nulo (a enerxía utilizada virá de fontes renovables) e cun impacto social e vertebrador no rural e no sector téxtil de Galicia como ningún outro que se plantexara nunca. 

    Por todos estes motivos, CCOO Industria de Galicia, pedimos a todas as administracións implicadas, o maior esforzo na consecución de fondos europeos e a máxima celeridade na tramitación necesaria para que este proxecto poda ver a luz no menor plazo de tempo posible. 

    Documentación asociada
    Documentación asociada