CCOO de Industria | 28 abril 2024.

CCOO GAÑA POR MAIORÍA ABSOLUTA AS ELECCIÓNS SINDICAIS EN BOLTON FOOD

  • Vigo, 21 de febreiro de 2024

O persoal de BOLTON FOOD (O Grove) apoiou contundentemente á candidatura presentada por Comisións Obreiras de Industria nas eleccións sindicais celebradas no día de onte na empresa. Dos 13 representantes que se tiñan que elixir, CCOO obtivo 9 representantes, a candidatura da CIG 2 representantes e da UGT 2 representantes. 

21/02/2024.
EESS Bolton Food O Grove 2024

EESS Bolton Food O Grove 2024

No proceso electoral celebrado no día de onte nas instalacións da empresa Bolton Food as persoas traballadoras depositaron a súa confianza en CCOO que gañou as eleccións por unha amplísima maioría absoluta. A representación de CCOO obtivo 9 representantes dos 13 que se tiñan que elixir. 

Con este resultado o persoal de Bolton Food premia o gran traballo desenrolado pola sección sindical de CCOO nos últimos catro anos, ao mesmo tempo que nos empraza a liderar a defensa e mellora dos seus dereitos nesta nova lexislatura. 

Nestas novas eleccións sindicais CCOO sacou 9 representantes, 8 deles no colexio de especialistas con 164 votos e 1 representante máis no colexio de técnicos con 33 votos; A candidatura da UGT obtivo 2 representantes,  1 no colexio de especialistas con 30 votos e 1 máis no colexio de técnicos con 15 votos; A candidatura da CIG obtivo 2 representantes, os 2 no colexio de especialistas con 50 votos.

Desde CCOO de Industria de Galicia queremos agradecer a todas as persoas traballadoras de Bolton Food o apoio e confianza que depositan na Sección Sindical de CCOO, confianza que recollemos con responsabilidade que a devolveremos con traballo, honestidade e bos resultados.

Documentación asociada
Documentación asociada