CCOO de Industria | 28 abril 2024.

CCOO Industria de Galicia, pedimos cordura e diálogo sobre o proxecto de fábrica de fibras téxtiles en Palas de Rei

  • Ferrol, 25 de marzo de 2024

Nos últimos días determinadas asociacións decidiron arremeter contra o proxecto de planta de produción de fibras téxtiles de Palas de Rei. Insultos, empuxóns, bloqueos aos intentos de informar a técnicos de prestixio, descualificacións, esaxeracións. Non parece que ese sexa o mellor camiño para o debate, un debate que debe ter como obxectivo o desenvolvemento da calidade de vida dos galegos, a defensa do seu futuro, a creación de posibilidades de emprego.

25/03/2024.
NdP Planta ALTRI

NdP Planta ALTRI

CCOO Industria de Galicia, volvemos dicir que temos estudiado o proxecto, a tecnoloxía que se pretende utilizar (é a primeira fábrica híbrida en que se pecha a cadea de valor do Lyocell que se monta no mundo) o produto que se vai fabricar (Lyocell, buscando reducir a presenza de derivados do petróleo no téxtil, actualmente o 70%), o emprego que espera xenerar, e o impacto sobre a cadea de valor do sector téxtil que vai supoñer.

A Ulloa precisa este proxecto. Falamos dunha comarca que perdeu máis do 20% da súa  poboación nos últimos 20 anos, con máis dun 40% de poboación maior de 60 anos e unha renda media un 10% menor á galega. Este proxecto industrial, xerará moito emprego na comarca (os veciños xa presentaron perto de 2000 manifestacións de interese para traballar nel) e incrementará os prezos da madeira que se paga a máis de 100000 propietarios forestais, nun territorio que xa ten plantadas 650000 Hectáreas de eucalipto, non é necesario plantar máis para subministrar a esta planta. Por outra banda supón un potente efecto tractor sobre o sector téxtil, cun forte potencial de relocalización de obradoiros téxtiles na comunidade.

 

A produción de Lyocell nesta fábrica é ecolóxica (as tecnoloxías utilizadas, cun elevado compoñente innovador o permiten), con impacto climático nulo (a enerxía utilizada virá de fontes renovables) e cun impacto social e vertebrador no rural e no sector téxtil de Galicia como ningún outro que se plantexara nunca. O impacto sobre a auga da zona esta baixo control e en mans dun organismo público fora de toda dúbida como Augas de Galicia, e os sistemas de control sobre a contaminación atmosférica que se empregan no proxecto indican que estará controlado, por suposto, avogamos polo control destas variables por un órgano independente e polo deseño dun plan medioambiental integral que  garanta a tranquilidade dos veciños.

 

Ante os posibles medos e prevencións que poidan xurdir sobre o proxecto, so temos que dicir que temos unha normativa medioambiental moi estrita, que nos protexen organismos que vixían polo cumprimento e respecto das normas medioambientais (augas de Galiza, consellería de Medio Ambiente, Ministerio de Transición Ecolóxica...) e que CCOO Industria de Galicia, temos plena confianza no bo facer dos técnicos, de prestixio recoñecido ao servizo de todas estas institucións; pedimos aos cidadáns e aos políticos que poidan estar detrás desta tensión inxustificada, que amosen respecto por persoas que fan o seu traballo cun elevado nivel de excelencia.

 

CCOO Industria de Galicia, pedimos, a todas as organizacións e administracións  implicadas, o maior esforzo de diálogo, respecto por informes científicos e técnicos, e sentido común á hora de tomar decisións ou ben de criticalas.

 

CCOO Industria de Galicia, coa información nas nosas mans neste momento, seguimos apoiando este proxecto. Consideramos que retrasalo por motivacións infundadas, so pode ser unha navallada máis para unha comarca xa a punto de morrer pola despoboación a falta de industria e desenvolvemento.

 

Documentación asociada
Documentación asociada